Shovel Knight publicará as súas dúas novas expansións o mesmo día

Yacht Club Games vén de marcar no calendario de lanzamentos a chegada de novo contido para o seu xenial Shovel Knight. As dúas expansións, King of Cards —unha campaña que inclúe 30 novos niveis— e Shodown —un multixogador local para até catro xogadores— poderán ser descargadas o 10 de decembro. Os dous de xeito gratuíto para os donos da obra orixinal.
O mesmo día que ven a luz estas expansións, lanzarase unha nova edición física para Switch e Xbox One que recolle todo o material publicado até hoxea. A versión de PlayStation terá que agardar até o 2020 por problemas loxísticos.
King of Cards estará dispoñíbel en 3DS, Amazon Fire TV, PC, PS3, PS4, Switch, Vita, Wii U, Xbox 360 e Xbox One. Shodown compartirá as mesmas plataformas menos Vita e 3DS.