Sifu adianta a data do seu lanzamento e chegará o 8 de febreiro
Sloclap, estudio responsable da creación de Sifu, anunciou un atra… adiantou a data de lanzamento do seu novo título. Trátase dunha nova que rompe coa tónica habitual de atrasos provocados pola pandemia e que acelera a chegada da obra un par de semanas.
O beat’em-up 3D de Sloclap estaba programado para ver a luz o vindeiro 22 de febreiro, mais aterrará nas tendas de PlayStation e Epic Games o 8 de febreiro.
No anuncio tamén aparece confirmada a posibilidade de reservar dúas edicións dixitais distintas: unha Estándar con avatares e extras para o Modo Foto ou unha Deluxe que suma un libro de arte dixital, banda sonora, 48 horas de acceso anticipado e un 10 % de desconto.
Ademais, tamén hai novo adianto en forma de vídeo: