Sigma, o novo heroe de Overwatch xa ten nome

Sigma, o novo heroe de Overwatch xa ten nome

Cando o director do xogo, Jeff Kaplan, desaparecía nun vídeo das súas redes sociais a través dun buraco negro, era evidente que algo estaba tramando. Blizzard acaba de presentar o heroe número trinta e un de Overwatch; o seu nome é Sigma.

A compañía estadounidense vén de subir un vídeo no que narra a historia deste novo personaxe, un científico que ve alterada a súa vida após un errado experimento. O accidente provocoulle un dano psicolóxico irreparábel e tras ser considerado unha ameaza para a humanidade, pasou varios anos nun complexo secreto.

Sigma é capaz de manipular a gravidade como quere e cando quere, unha habilidade demasiado útil e potente que a organización Talon quixo aproveitar para o seu beneficio, convertendo ao científico nunha arma vivente.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados