Sirfetch’d, así é o novo Pokémon de Espada e Escudo

Sirfetch’d, así é o novo Pokémon de Espada e Escudo

A evolución de Farfetch’d posúe un deseño impoñente.

Os días foron pasando mentres Nintendo e Game Freak ían dando pistas sobre o novo Pokémon que presentarían esta semana. O misterio desvelouse. Sirfetch’d elévase como a evolución do Farfetch’d que habita nas terras de Galar. Só se poderá capturar en Pokémon Espada, polo que haberá que esperar para coñecer que Pokémon é o seu equivalente en Escudo.

«O Farfetch’d de Galar pode evolucionar a Sirfetch’d tras participar en numerosos combates. Son acougados e serenos e, á hora de loitar, para eles o primeiro é xogar limpo. Tal é a nobreza que demostran en combate que a miúdo aparecen como tema central en moitas obras de arte. Un cadro en concreto, moi famoso na rexión de Galar, representa a escena dun duelo entre un Sirfetch’d e un Escavalier», explica o comunicado oficial sobre esta criatura. «Ao loitar, usa o talo afiado do allo porro a modo de lanza e as follas grosas como escudo. Esta é a súa posesión máis prezada e atesourar durante anos. Unha vez rechumido, Sirfetch’d retírase e abandona os combates por completo».

A evolución deste Pokémon, presente desde a primeira xeración, será do tipo loita. A súa principal característica é contar cun novo movemento exclusivo chamado Asalto Estelar. Un ataque moi potente, pero que deixa ao noso Pokémon pampo despois de usalo.

Cando sae Pokémon Espada e Escudo? Tranquilidade, xa falta menos. A data segue marcada en vermello no calendario, o 15 de novembro, en Nintendo Switch.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados