Actualidade SNK anuncia de xeito oficial un novo Fatal Fury

SNK anuncia de xeito oficial un novo Fatal Fury

Por se non o sabes, estes días está a ser o EVO 2022 —o maior evento dos xogos de loita— e neste foi anunciado o regreso da serie Fatal Fury. A noticia chega da man de SNK, e, se queres ver o vídeo oficial da presentación, telo ao final destes parágrafos.

Non se sabe nada da súa data de lanzamento nin as plataformas para as que chegará, ademais, semella que tardaremos en ter novas sobre o xogo —o certo é que non ten nin nome oficial—, polo que só sabemos que o proxecto está en marcha e que, algún día, chegará.

«A cidade das lendas aínda respira: os lobos famentos volven á espreita; un nuevo destino oculto na escuridade», e unha das mensaxes que se ven no adianto. Terá máis sentido no futuro, de seguro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.