SNK lanzará unha nova consola durante o próximo ano

Aínda hai oco neste 2020 para algunha sorpresa. Lembras que en agosto de 2019 SNK anunciou o desenvolvemento dunha NEOGEO de nova xeración? Pode que non, porque desde aquelas pasaron moitas cousas, como a compra do 33 % da compañía por parte do príncipe de Arabia Saudita. Sexa como for, a compañía lanzou hoxe outra pequena bomba: no 2021, lanzarán unha nova consola.
«Unha consola completamente nova de SNK chegará no 2021! Un sistema para cubrir as necesidades dos fans máis apaixonados e os entusiastas do xogo en consolas», comenta SNK nas súas redes. O certo é que a concisa mensaxe non explica se SNK estase a refirir a esa NEOGEO de nova xeración da que falaban hai un ano, ou é outro proxecto novo.
A brand-new console is coming from SNK in 2021!
A system to bridge the needs between passionate fans and console gaming enthusiasts! #SNK pic.twitter.com/wsFLqr0hti— SNK GLOBAL (@SNKPofficial) December 15, 2020
O símbolo de conexión sen fíos podería indicar que se trata dunha máquina con funcións en liña, aínda que SNK nom ofreceu más información sobre o seu anuncio. Toca agardar.