Actualidade Snorlax gigamax protagonizará as incursións de decembro

Snorlax gigamax protagonizará as incursións de decembro

Após un par de semanas de éxito e de quente recibimento, Pokémon Espada e Escudo continúan o seu camiño. Os seus responsábeis veñen de presentar un novo tráiler que amosa as evolucións dos Pokémon iniciais, algúns dos movementos característicos de Zacian e Zamazenta —as criaturas lendarias desta nova xeración— e, como novidade, o evento de decembro, protagonizado por Snorlax.

A partir do vindeiro 4 de decembro e, en teoría, até os primeiros días de xaneiro, os xogadores poderán atopar nas súas incursións Snorlax gigamax. O mítico Pokémon contará cun redeseño para a ocasión e un movemento único, o Gigarreciclaxe, que permite recuperar as bagas consumidas durante o combate.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *