Actualidade SOMA e Costume Quest dispoñíbeis de balde ba Epic Store

SOMA e Costume Quest dispoñíbeis de balde ba Epic Store

Mantendo a tradición, a Epic Games Store actualizouse este xoves, 31 de outubro, para ofrecer novos títulos de xeito gratuíto aos seus usuarios. Ao longo dos vindeiros sete días, SOMA e Costume Quest estarán dispoñíbeis para a súa descarga. Dous títulos moi distintos nas súas propostas, sendo o primeiro unha aventura de terror e supervivencia, e o segundo un xogo de rol do coñecido estudo Double Fine.

Doutra banda, tamén se deron a coñecer cales serán os títulos que seguirán os pasos do custo cero na tenda de Epic. RUINER e Nuclear Throne poderán ser adquiridos sen pasar por caixa a partir do 7 de novembro.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.