Sony anuncia os gañadores dos PlayStation Awards 2019
As tradicións hai que mantelas e respectalas. En Sony téñeno moi claro, xa que durante os últimos 24 anos encargáronse de entregar os premios aos títulos con máis éxito para a compañía ao longo do último ano. Foi un período con grandes obras que saíron baixo o paraugas da PlayStation 4, que se coroa como a raíña dentro dos dispositivos ofrecidos pola empresa xaponesa.
A continuación tendes os gañadores da edición deste ano, unha información que proporcionou Gematsu, malia que é preciso destacar que os datos de cada categoría corresponden unicamente aos datos obtidos en Xapón ao longo do continente asiático.
Premio Platino
Premio outorgado a títulos con máis dun millón de copias distribuídas incluíndo as vendas dixitais:
- God of War
- Kingdom Hearts III
- Marvel’ s Spider- Man
- NieR: Automata
- Red Dead Redemption 2
Premio de Ouro
Premio outorgado a títulos con máis de medio millón de copias distribuídas incluíndo vendas dixitais:
- Ace Combat 7: Skies Unknown
- Call of Duty: Black Ops IIII
- Devil May Cry 5
- FIFA 19
- FIFA 20
- Monster Hunter World: Iceborne
- Pro Evolution Soccer 2019
- Resident Evil 2
- Sekiro: Shadows Die Twice
Premio PlayStation Network
Premio outorgado a os tres xogos máis vendidos en formato dixital e que fosen lanzados entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019:
- FIFA 19
- Fortnite
- Monster Hunter World: Iceborne
Premio de Selección do Público polo 25 aniversario
Premio outorgado aos lanzamentos que máis PlayStation Awards recibiron nos últimos 24 anos:
- Dragon Quest XI: Echoes of an Elusive Age
- God of War
- The Last of Us
- Marvel’ s Spider- Man
- Monster Hunter World: Iceborne
- NieR: Automata
- Persona 5
Premio Especial PlayStation polo 25 aniversario
- Battle Area Toshinden
- Dynasty Warriors 3
- Final Fantasy VII
- Metal Gear Solid
- Monster Hunter Freedom Unite
- Resident Evil
- Ridge Racer
- Yakuza
Premio PlayStation VR
Premio outorgado aos títulos que máis contribuíron en vendas a PlayStation VR e que se visen lanzados entre o 13 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019:
- Ace Combat 7: Skies Unknown
- Astro Bot: Rescue Mission
- Beat Saber
Premio Indie e Desarrolladora
Premio outorgado aos títulos que máis contribuíron á expansión da marca PlayStation e que se visen lanzados entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019:
- Hardcore Mecha
- Hollow Knight
- Human Fall Flat
- Overcooked! 2
- Unravel two