Sony anuncia un novo DualSense de «alto rendemento»

A Opening Night Live da Gamescom deixou diversos anuncios. Un deles foi a presentación en sociedade do DualSense Edge, un novo mando «de alto rendemento» que semella ser unha versión avanzada do mando que nos ven coa PlayStation 5.
A verdade que non deron moita máis información alén do vídeo de presentación, mais si din que será «ultra personalizable» e que poderemos configurar «distintos perfís de controles», e mudar entre eles en calquera momento.
Cómpre dicir que non é a única nova sobre hardware que Sony lanzou estes días, xa que hai algunhas horas foi feito público que PlayStation VR non sairá no 2022, senón que chegará a principios do 2023.