Actualidade Sony despide a un directivo de PlayStation após ser denunciado por un grupo de cazadores de pedófilos

Sony despide a un directivo de PlayStation após ser denunciado por un grupo de cazadores de pedófilos

Sony fixo oficial o despedimento do vicepresidente senior de enxeñería de PlayStation Network, George Cacioppo, logo de ser sinalado nun vídeo de YouTube publicado por un grupo de cazadores de pedófilos.

Na peza, na que Cacioppo loce unha camiseta de PlayStation 5, podemos ver o traballador da marca xaponesa na porta da súa casa agardando a chegada dun menor de idade para manter relacións. En realidade non ía chegar ningún menor, era unha trampa tendida por este grupo de cazadores de pedófilos, que estaban gravando ao directivo e que non tardan en apuntalo cunha lanterna. O directivo encérrase logo dentro da casa.

O grupo chámase People v. Preds e segundo explican  no vídeo, mantiveran unha conversación con Cacioppo por Grindr, facéndose pasar por un neno de 15 anos —as conversacións deses chats están subidas en Google Drive—.

A compañía fixo efectivo o seu despedimento após ter constancia da exitencia deste vídeo. Un portavoz da compañía así o confirmou. Cacioppo non fixo declaracións. Levaba oito anos traballando na división de PlayStation, desde o ano 2003; antes pasara por outras empresas tecnolóxicas como Adobe ou Intuit.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.