Actualidade Sony explica que PS5 non será compatible cun disco externo SSD de lanzamento

Sony explica que PS5 non será compatible cun disco externo SSD de lanzamento

A poucos días do lanzamento de calquera sistema, sempre pode haber algunha sorpresa de última hora. A confirmación por parte de Sony de que PlayStation 5 non será compatible con dispositivos de almacenamento SSD externos no seu lanzamento podería entrar dentro desta categoría. Iso si, a compañía di que pronto liquidarán o problema cunha actualización.

Nun dos seus anuncios, a marca presentaba e desmontaba a súa nova consola en directo. Durante o transcurso do vídeo explicábase que poderiamos ampliar a capacidade de almacenaxe da consola, pero non poderemos facelo o mesmo día que a recibamos na casa ou na tenda. No seu día, Mark Cerny explicou que non todas as SSD M.2 son o suficientemente rápidas ou teñen o deseño para encaixar no porto que ten a consola e así poder render perfectamente na nova máquina.

Se pensabas facer esta modificación nada máis chegar a casa, será mellor que reserves eses cartos para máis adiante. Sabendo que os títulos son cada vez máis pesados —Demon’s Souls pesará 66 GB, CoD: Black Ops Cold War, 133 GB— é previsible que Sony actúe con rapidez para permitir o cambio.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.