Sony finaliza o ano fiscal con grandes cifras de cara ao futuro

Se onte Capcom daba a coñecer os seus excelentes resultados financeiros, hoxe é a quenda dun dos xigantes da industria dos videoxogos como é Sony. A compañía xaponesa pechou o seu ano fiscal cun total de 110,4 millóns de PS4 vendidas, das cales 1,5 millóns foron vendidas durante o último trimestre. Malia que as cifras decaeron respecto ao mesmo período do ano pasado, a empresa rexistrou o seu segundo mellor ano en toda a xeración: 18.140 millóns de ingresos derivados da marca PlayStation cun total de 2.100 millóns de beneficios. Cifras espectaculares.
Lifetime sell in for the PlayStation 4 is now 110.4 million.
Sony shipped 13.6 million units in FY2019/20, down from 17.8m in the prior year.
Sony has not provided a forecast for FY2020/21, but is expected to be lower. pic.twitter.com/deffOX0tJP
— Daniel Ahmad (@ZhugeEX) May 13, 2020
Superadas por pouco as previsións anuais, a compañía non se aventurou a estimar unha cantidade de vendas de PS4 e para a súa consola de nova xeración PS5. A inestabilidade que creou a pandemia do coronavirus impide ser exactos á hora de aproximar datos, polo que haberá que esperar ao mes de agosto para coñecer máis información. Outra cifra que aumenta é a de subscricións a PS Plus, que chegan ata os 41,5 millóns de subscritos; 5,1 millóns deles neste ano fiscal.
No apartado dos xogos, os números manteñen unha liña ascendente. 59,6 millóns de vendas no último trimestre, 5 millóns máis que o ano pasado, para conformar un total de 244,9 millóns en todo o ano fiscal. O seguinte dato reflicte perfectamente a situación que se está vivindo a nivel mundial, xa que o 66% das vendas corresponden á distribución dixital no trimestre pasado. Da mesma forma, o tempo de xogo multiplicouse por 1,5 en marzo respecto ao período do Nadal, todo iso debido á situación de confinamento e distanciamento social imposta en todo o mundo.
A look at how digital full game downloads are playing a larger role in console gaming.
Here are PS4 annual software sales.
In FY2015, just 19% of total of PS4 software sales were via digital download.
In FY2019 that has grown to 51%. More digital game sales than packaged. pic.twitter.com/pvyAro82tv
— Daniel Ahmad (@ZhugeEX) May 13, 2020