Actualidade Sony lanza unha actualización de balde para PlayStation 5 de God of War

Sony lanza unha actualización de balde para PlayStation 5 de God of War

God of War verase mellor que nunca, mais terás que ser dono dunha PlayStation 5 para poder gozalo nesas condicións. O estudio Sony Santa Monica acaba de anunciar unha actualización de balde para a súa última obra, dentro da nova consola.

Até o de agora, o xogo tiña dous modos gráficos, un que priorizaba o rendemento e outro que aumentaba a resolución para ofrecer unha maior calidade visual, pero a partir de mañá, após instalarmos o novo parche, PS5 sumará unha opción á súa configuración que renderizará o xogo a 4K e 60 fps.

Publicado o 4 de abril do 2018 como exclusivo de PlayStation 4, God of War é un dos maiores éxitos da xeración para Sony, recibindo críticas sobresalientes e magníficas desde a crítica e o público. Se tes unha subscrición a PlayStation Plus podes xogalo de forma gratuíta, pois forma parte da selección de títulos incluída na PS Plus Collection.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.