Sony ofrece o reembolsos aos compradores do WWE 2K20 na PS4
Sony comezou a ofrecer o reembolso aos usuarios en posesión do WWE 2K20 de PlayStation 4, última entrega da coñecida franquía de títulos de loita libre. O motivo non é outro que os numerosos bugs e glitches que presenta o xogo, moi comentados e compartidos en redes sociais desde o pasado 22 de outubro.
A compañía xaponesa permitirá a devolución do importe da compra aos usuarios que reportan a ausencia de obxectos da edición para coleccionistas, ademais de bugs gráficos. Porén, non todos os clientes puideron facer uso deste reembolso, segundo algunhas publicacións nas redes sociais.
Doutra banda, 2K Games aseguraron a través de Twitter que están «a escoitar atentamente o feedback sobre WWE 2 K20», polo que son «conscientes dos problemas que están a reportar algúns xogadores». O primeiro parche do xogo debería chegar nun par de semanas. Está por ver se será suficiente para solucionar todos os problemas que arrastra o lanzamento.
— #WWE2K20 (@WWEgames) October 25, 2019