Actualidade Sony presenta a páxina web oficial de PlayStation 5

Sony presenta a páxina web oficial de PlayStation 5

As novas xeracións comezan a abrirse paso, é lei de vida. Para mostra diso, a publicación oficial da páxina web de PlayStation 5, o que supón un pequeno paso cara ao anuncio da próxima consola de Sony. A información que detalla esta páxina é escasa, xa que o logo de PlayStation 5 enche a pantalla xunto cun subtítulo que lembra que o lanzamento está programado para finais do 2020.

Alén disto, un pequeno texto apunta que «aínda non estamos preparados para amosarvos por completo a nova xeración» e recomenda aos usuarios apuntarse á newsletter da compañía xaponesa para saberen das últimas novidades. Lembremos que recentemente Hiroki Totoki, responsábel financeiro de Sony, dixo que o prezo de venda ao público de PS5 dependerá de múltiples factores e elementos que aínda están a estudar, polo que a paciencia será a nosa compañeira de viaxe por agora.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.