Sony presenta a súa nova aposta pola realidade virtual con PlayStation VR2

Sony aproveitou este Nadal para volver poñer sobre a mesa o seu interese na realidade virtual e o entretemento futuro. En marzo tivemos a confirmación de que estaban a traballar nun novo sistema VR, coñecemos os seus mandos, pero non foi até o de agora, case un ano despois, cando a marca xaponesa fixo pública máis información. Así é, PlayStation VR2 é a aposta de futuro neste campo para Sony.
O novo hardware é unha evolución natural de PlayStation VR. Máis potente, máis cómodo, máis interesante: mellor. De entrada, la peza central do equipo será o novo casco —do que non hai imaxes— ao contar cunha pantalla OLED de resolución 2000 x 2040 por ollo. Segundo Sony, os xcogos de PS VR2 poedrán ser gozados en 4K HDR, ofrecendo ademais unha experiencia 90 / 120Hz. No referente ao campo de visión, estamos falando de 110 graos.
No que se refire ao proceso de instalación, Sony quere que entrar na realidade virtual sexa algo moito máis pracenteiro e menos molesto do que hoxe é, xa que abondará con conectar un só cable á nosa PlayStation 5.
Outro asunto a destacar é que o novo modelo integrará un sistema de rastrexo ocular, de modo que a través de cámaras integradas no interior dos cascos detectarase a dirección na que miramos sen ter que depender unicamente dos xestos que fagamos coa cabeza.
A continuación tes as especificacións completas publicadas pola compañía:
PANTALLA | OLED |
---|---|
RESOLUCIÓN DA PANTALLA | 2000 x 2040 por ojo |
FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN | 90 Hz, 120 Hz |
SEPARACIÓN DE LENTES | Axustable |
CAMPO DE VISIÓN | Aprox. 110 graos |
SENSORES |
|
CÁMARAS |
|
RETROALIMENTACIÓN | Vibración en los cascos |
COMUNICACIÓN CON PS5 | USB Tipo-C |
AUDIO |
|
Ademais, a multinacional xaponesa sinalou tamén o desenvolvemento de títulos para PlayStation VR2 das súas franquías exclusivas. Un dos primeiros será Horizon Call of the Mountain, desenvolvido por Guerrilla Games e Firesprite, e ambientado no mundo de Aloy e compañía. Boa nova.