
Sony presenta o logotipo de PlayStation 5
O CES 2020 parecía ser un escenario más que bo para que Sony amosase ao mundo as primeiras imaxes de PlayStation 5, pero o público presente tivo que conformarse con ver, tan só, o novo logotipo da máquina. Este, por suposto, mantén a tónica de deseño que se viu nas consolas anteriores.
Jim Ryan, presidente de Sony Interactive, lembrou tamén á audiencia cinco das características principais do novo sistema coas que pretende innovar no seu mercado: audio tridimensional, gatillos adaptábeis e retroalimentación háptica no control, unidade de estado sólido ultra rápida, tecnoloxía ray tracing e Blu-Ray Ultra HD. Nada que non soubésemos.
Ora ben, a marca xaponesa prometeu novidades nos vindeiros meses, polo que máis pronto que tarde serán revelados novos detalles sobre a futura máquina. Doutra banda, o presidente de Sony Interactive tamén mostrou algúns datos da colosal comunidade de seguidores que ten PlayStation. Telos na seguinte imaxe.
La innovasió xD