Sony presenta un novo mando para PlayStation 5, o Dualsense Edge

Sony presenta un novo mando para PlayStation 5, o Dualsense Edge

Sony acaba de anunciar un novo mando para PlayStation 5. Levará por nome DualSense Edge e poderá ser mercado a partir do 26 de xaneiro do 2023. O seu prezo? Igual das un pequeno berro: 239,99 euros.

Que inclúe este novo mando? O controlador, un cable USB trenzado, dúas almofadas estándar, dúas almofadas de bóveda baixa, dúas almofadas de bóveda alta, dous botóns traseiros de bóveda media, dous botóns traseiros tipo panca, unha carcasa para o conector e un estoxo de transporte.

Doutra banda, tamén poderemos mercar sticks intercambiábeis por un prezo de 24,99 euros. Sexa como for, o DualSense Edge é a aposta de Sony polos mandos ‘pro’ e con posibilidade de personalización, como pode ser o Xbox Elite Wireless Controller Series 2 de Microsoft —que custa bastante menos, 169 euros, por certo—.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados