Actualidade Sony publica os xogos de PS  Plus de abril: Days Gone, Oddworld Soulstorm…

Sony publica os xogos de PS Plus de abril: Days Gone, Oddworld Soulstorm…

Xa sabemos que xogos chegarán para PlayStation Plus este 6 de abril. Oddworld Soulstorm, exclusivo de PlayStation 5, fará a súa aparición o mesmo día do seu lanzamento oficial dentro do servizo de subscrición. Trátase dun novo capítulo na vida de Abe, mítico personaxe do medio que nos ocupa.

Máis aló desta estrea, tamén aparece Days Gone, a aventura de acción de mundo aberto creada por Sony Bend. Curiosamente, tamén será neste mes, o 26 de abril, cando chegue a súa versión para PC, após dous anos sendo exclusivo da compañía xaponesa. E si, claro, se tes unha PlayStation 5 con PS Plus, saberás que é un dos títulos que xa aparecía dentro desa colección de esenciais da pasada xeración.

Estes son os xogos do PlayStation Plus de abril:

  • Oddworld Soulstorm (PS5, do 6 de abril ao 3 de maio)
  • Days Gone (PS4, do 6 de abril ao 3 de maio)
  • Zombie Army 4 Dead War (PS4, do 6 de abril ao 3 de maio)
  • Jade’s Ascension (PS4, do 6 de abril ao 3 de maio)
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.