Sony publica un driver pasar utilizarmos o DualSense en Linux
Xa é posíbel usar o mando DualSense de PlayStation 5 en ordenadores con Linux. Sony acaba de publicar un driver que permite utilizar o último mando da marca xaponesa. Co nome hid–playstation, o driver habilita o uso do mando tanto no seu modo USB como Bluetooth.
Nel inclúese soporte oficial para a barra de LEDs, os sensores de movemento, o panel táctil, a vibración e a xestión da batería. A vibración táctil e os gatillos adaptativos, porén, seguirán sendo unha función exclusiva de PlayStation 5 e non serán compatíbeis en Linux. Ó menos, polo de agora.
O driver está actualmente en proceso de validación, polo que non hai unha descarga para o público xeral, aínda que os usuarios interesados en probalo teñen os parches á súa disposición para compilalos e empezar a probar as novas funcións.