Actualidade Sony publicará esta semana o firmware 7.00 de PlayStation 4

Sony publicará esta semana o firmware 7.00 de PlayStation 4

Sony Interactive Entertainment anunciou a publicación do firmware 7.00 de PlayStation 4. Poderase descargar este martes 8 de outubro.

Que novidades trae esta actualización do sistema?

  • Melloras na conectividade e na calidade do son
  • Aumento dos usuarios que poden xuntarse nun mesmo grupo —de oito a dezaseis—
  • Implementar a función Remote Play en dispositivos móbiles Android

A última función citada só estaba dispoñíbel para iOS. Agora, xa poderá ser descargada tamén na Google Play Store. Para utilizala será preciso contar cun sistema Android 5.0 ou superior.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *