Sony regala Uncharted: The Nathan Drake Collection e Journey en PSN

Sony regala Uncharted: The Nathan Drake Collection e Journey en PSN

A iniciativa Play At Home de Sony foi activada. Esta proposta da compañía xaponesa busca incentivar á xente a ficar na casa e gozar coas súas PlayStation. É por iso que a partir do 16 de abril e até o 5 de maio, Uncharted: The Nathan Drake Collection e Journey estarán dispoñíbeis de forma totalmente gratuíta na PSN. Iso si, unha vez os descargues serán teus para sempre.

Na posta a punto da saga Uncharted para PS4, encarnamos a Nathan Drake, un aventureiro ao máis puro estilo Indiana Jones que vivirá enormes viaxes para conseguir tesouros lendarios. Todo acompañado dunha acción frenética e secuencias que asinaría calquera director de Hollywood. Doutra banda atópase Journey, unha das mellores obras dos últimos anos, que nos permite vivir toda unha experiencia nunha viaxe xunto con outros xogadores e no que a banda sonora e o apartado artístico brillan.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados