Sony revela as especificacións técnicas de PlayStation 5
Sony vén de poñer as súas primeiras cartas sobre a mesa. A compañía xaponesa, gañadora indiscutíbel da xeración actual de consolas, mantivo ao longo dos últimos meses un silencio total á hora de falar da súa futura máquina, a diferenza de Microsoft, que si foi ofrecendo máis información, incluíndo imaxes, obras e especificacións. Sexa como for, PlayStation 5 fixo públicas as súas especificacións técnicas ao detalle, aínda que non houbo rastro do aspecto da consola, nin do seu prezo, nin dalgunha futura obra.
A través dun longo vídeo, Mark Cerny explica os cambios que levarán á marca PlayStation á nova xeración, que pasa, a grandes liñas, nunha capacidade para a potencia e a velocidade moito maior que a súa antecesora. Fóra de calquera dúbida, Sony quere seguir mantendo excelentes colaboracións coas desenvolvedoras, apostando por un hardware no que estean cómodas para traballaren.
As entrañas de PlayStation 5
O certo é que a presentación de hoxe estaba destinada a ocorrer no escenario da GDC, pero a non asistencia debido ao coronavirus frustrou o plan inicial. A través dun relato totalmente técnico, Cerny debullou as particularidades da súa nova máquina, permitindo coñecer máis detalles sobre o procesador AMD que cargará, a arquitectura de CPUs Zen 2 de AMD ou o tamaño do seu SSD. A continuación podes comparar a consola actual coa súa próxima irmá.
| PlayStation 5 | PlayStation 4 | |
|---|---|---|
| CPU | 8 núcleos Zen 2 a 3.5GHz (frecuencia variábel) | 8 núcleos Jaguar a 1.6GHz |
| GPU | 10.28 TFLOPs, 36 CUs a 2.23GHz (frecuencia variábel) | 1.84 TFLOPs, 18 CUs a 800MHz |
| Arquitectura de la GPU | RDNA 2 a medida | GCN a medida |
| Memoria/Interfaz | 16GB GDDR6/256-bit | 8GB GDDR5/256-bit |
| Ancho de banda de la memoria | 448GB/s | 176GB/s |
| Almacenamiento | 825GB SSD a medida | 500GB HDD |
| IO | 5.5GB/s (Puro), 8-9GB/s de media (Comprimido) | Aprox. 50-100MB/s (dependendo da ubicación dos datos no HDD) |
| Ampliación de almacenamiento | Slot NVMe SSD | HDD interno |
| Almacenamiento externo | Compatibilidade USB HDD | Compatibilidade USB HDD |
| Lector óptico | 4K UHD Blu-ray | Blu-ray |





[…] Microsoft segue querendo ter a voz cantante cando falamos de anuncios sobre a seguinte xeración. Após desvelar Sony as especificacións da súa PlayStation 5, a compañía americana vén de actualizar a información da páxina oficial de Xbox Series X cunha […]