Sony revela o deseño das súas PlayStation VR 2

Sony revela o deseño das súas PlayStation VR 2

Sony fixo público ao mundo o aspecto das súas nuevo lentes —ou casco— de realidade virtual, o PlayStation VR 2.

«Como se pode apreciar, o casco de PS VR 2 presenta unha forma semellante á do mando PS VR2 Sense, tendo o casco un aspecto de ‘orbe’ a xogo. A forma de esférica representa a vista de 360° que os xogadores senten ao penetrar no mundo da realidade virtual, algo que esta forma captura habilmente», reza o comentario que aparece na publicación oficial da compañía xaponesa.

A súa relación con PlayStation 5 a nivel estético é evidente, pois tal e como di o executivo nipón Hideaki Nishino, o equipo de deseño que creou a consola tamén pensou no casco de RV de próxima xeración ao tempo que daba forma ao proxecto principal.

Aspecto del nuevo sistema de VR de Sony.

Segundo explican no comunicado, o obxectivo do equipo de desenvolvemento era crear un casco que «non só resulte atractivo á vista como parte da decoración dun salón, senón que tamén reforce a sensación de inmersión no mundo de xogo até o punto de que o xogador esqueza que está a usar un casco ou un mando».

E non, PlayStation VR aínda non ten data, nin prezo, aínda que todo apunta a que chegará ás tendas este ano mesmo ano. O casco inclúe paneis 4K HDR con tecnoloxía CHEIRADE* (xa sabedes que é a nosa brincadeira), e ofrece un campo de visión de cento dez graos. Respecto da resolución e frame-rate, será de 2000×2040 pixeles por ollo, cun refresco de 90/120Hz.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados