Sony Santa Monica ten outro xogo en camiño amais do God of War Ragnarok

Sony Santa Monica está a traballar na secuela do God of War de PlayStation 4, obra aclamada por crítica e público. Isto non é segredo ningún, pois a continuación coñecida como God of War Ragnarok xa foi anunciada hai meses, aínda que polo momento só coñezamos o seu logo.
Non, non hai cambios sobre isto último, pero si sorprende ver que o estudio ten outro proxecto paralelo entre mans. Un título novo que aínda non foi presentado de xeito oficial. Como se soubo este feito? Porque o mesmo estudio publicou un anuncio no que busca un director de arte para esta empresa.
🔥 HOT JOB: ART DIRECTOR 🔥
We are seeking an experienced Art Director for the development of a new unannounced title!
If you’ve got what it takes to guide and inspire our team to deliver best-in-class visual quality, apply here 👉 https://t.co/HBV4G97OtI #SMSCareers #Gamedev pic.twitter.com/IkzVzcvCJV
— Santa Monica Studio Is Hiring (@SonySantaMonica) January 19, 2021
Non hai máis detalles, claro. Tan só unha ligazón para que todo aquel que queira apuntarse ao posto de traballo poida facelo. Sexa como for, a continuación de God of War podería chegar este ano, mais parece demasiado pronto, sobre todo se temos en conta o custoso e difícil 2020 que vai quedando atrás, pero que ten continuación neste ano actual.