Actualidade Spider-Man: Miles Morales engade no seu último parche o modo ray tracing a 60 fps

Spider-Man: Miles Morales engade no seu último parche o modo ray tracing a 60 fps

Spider-Man: Miles Morales configurouse como un dos motivos máis claros para mercar e estrear unha PlayStation 5. O xogo do home-araña continúa puíndose á espera de ofrecer a súa mellor versión posíbel ou, polo menos, a favorita para cada xogador. No seu último parche, os seus responsábeis engadiron a posibilidade de activar as funcións de ray tracing namentres o o xogo continúa movéndose a 60 imaxes por segundo.

Agora, en total, haberá tres tipos de opcións a nivel visual: o modo rendemento, sin ray tracing e a 60 fps; o modo fidelidade, con 30 fps e ray tracing; e o novo modo, xa comentado, chamado performance. ¿Afectará a la resolución? Evidentemente. Desde Insomniac xa se explica que este novo modo repercute na resolución da escena, a calidade dos reflexos e a densidade de NPCs. Non se pode ter todo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.