Actualidade Spider-Man Miles Morales sí que permitirá transferir gardados entre PS4 e PS5

Spider-Man Miles Morales sí que permitirá transferir gardados entre PS4 e PS5

Confusión e enfado foron as dúas sensacións que se xeraron sobre Spider-Man Miles Morales. O vindeiro título de Insomniac Games será un título interxeracional, o cal espertou diferentes dúbidas entre a comunidade. Unha delas foi resolta da peor maneira posíbel, xa que Marvel’s Spider-Man en PS5 tan só poderá ser gozado pagando pola edición de Miles Morales que si a inclúe.

Ademais, as partidas realizadas no xogo de 2018 en PS4 non poderán ser transferidas a PS5. Esta medida contrasta con Spider-Man Miles Morales, cuxos gardados si que poderán ser intercambiados entre consolas. A confirmación desta información realizouse a través dun chío da compañía, aínda que non aclara sobre como se realizará esta transferencia.

Doutra banda, Miles Morales de PS4 si que recibirá a actualización gratuíta para PS5. O 12 de novembro a versión das consolas actuais chegará ao mercado e para a súa versión en PS5 será necesario esperar até o día do lanzamento do dispositivo, o 19 de novembro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Comentarios non permitidos
  1. […] remasterización das dúbidas. Após confirmar onte que si poderemos traspasar os nosos datos gardados de Spider-Man Miles Morales entre PS4 e PS5, algún que outro xogador arqueou a cella durante o […]