Spiritfarer amosa o seu máxico mundo a través dun novo vídeo

Spiritfarer amosa o seu máxico mundo a través dun novo vídeo

Spiritfarer, o novo xogo do estudio canadense Thunder Lotus Games, vén de amosar nun novo vídeo as súas virtudes. Xa se puido probar unha demo por tempo limitado após os Game Awards de hai uns meses, a cal deixou un gran sabor de boca. O título, que chegará nalgún momento do 2020 a PC, Nintendo Switch, Xbox One e PS4, propón viaxar polo mundo nun barco da man de Stella, unha moza que terá que axudar ás almas dos defuntos para chegar até o máis alá.

Minar, pescar, cultivar ou cociñar serán algunhas das tarefas máis recorrentes que teremos que realizar en Spiritfarer. E todo iso en compañía doutra persoa grazas ao modo cooperativo, no que un dos xogadores controla a Stella mentres o outro dirixe as accións do seu gato acompañante, Daffodil. Un deseño artístico colorido e máxico xunto cunha banda sonora á altura prometen acompañarnos nunha historia que pretende que aprendamos a dicir adeus aos nosos seres queridos.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados