Actualidade Square Enix estrea unha canle de Youtube para recompilar a música das súas franquías

Square Enix estrea unha canle de Youtube para recompilar a música das súas franquías

Square Enix acaba de crear e lanzar unha nova canle de YouTube co obxectivo de reunir todas as bandas sonoras das franquíass da súa propiede dun xeito cómodo e doado para os ouvintes. Nace SQUARE ENIX MUSIC Channel, e non é un mal lugar no que estar perdido un bo anaco.

A canle conta agora mesmo con tres vídeos subidos pola compañía, entre os que se inclúe unha entrevista con Keiji Kawamori, guitarrista e compositor na saga Final Fantasy, e dous recompilacións con música ambiental dos seus xogos. Tal e como explican en Resetera, tamén xuntan máis entrevistas, vídeos de presentacións e de humor,  e preto de 5.500 canciones, en distintas listas de reprodución divididas por franquicias, cargadas nas canles dos seus autores. Final Fantasy, Secret of Mana, NieR…

Dentro dese material de seu de música ambiental, Square Enix publicou un remix lo-fi con música variada de obras como Final Fantasy VII o Chrono Trigger, entre outras.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.