Actualidade Square Enix presenta 18 intensos minutos de Marvel’s Avengers

Square Enix presenta 18 intensos minutos de Marvel’s Avengers

«Por fin», dirán moitos. Square Enix vén de facer pública a demo con gameplay de Marvel’s Avengers que os medios acreditados puideron gozar no pasado E3, e que esta semana se poderá probar tamén na Gamescom 2019.

Dezaoito minutos de pura acción nos que se pode ver o potencial de cada Vingador: Iron Man, Hulk, Capitán América, Viúva Negra ou Thor. A compañía, malia o bo aspecto do adianto, xa avisa de que se trata de material pre-alpha, polo que a versión final será diferente —probablemente, máis púida—.

Faltaría por ver o funcionamento do cooperativo en liña de catro xogadores, pero é comprensible que a compañía xaponesa queira deixar este asunto para máis adiante, quizais no Tokyo Game Show, programado para mediados de setembro.

Unha das grandes preguntas que moitos seareiros de Marvel están preguntan é se poderemos cambiar e de personaxe durante as misións. Polo momento, a resposta é non, aínda que non hai confirmación de que isto vaia a ser un feito definitivo no resto da aventura.

O título verá a luz o 15 de maio en PC, PlayStation 4, Xbox One e Google Stadia.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *