Square Enix presume de gráficos grazas ao bo facer do Luminous Engine

Luminous Engine é o motor gráfico que Square Enix usará para os seus vindeiros títulos, proxectos que xa apuntan á nova xeración de máquinas. En colaboración con Nvidia, a compañía xaponesa quixo amosar ao gran público as posibilidades desta tecnoloxía, así como o seu rendemento visual facendo uso do ray tracing. O resultado, certamente, é notorio.
Back Stage trátase dunha demostración simple pero eficaz, que busca conmover nun ambiente tranquilo, unha habitación coa iluminación adecuada e unha nova fronte ao espello. O realismo é evidente e o comportamento das sombras e as fontes de luz están moi ben representadas.
Luminous Productions é o equipo responsable de desenvolver esta tecnoloxía, formado a principios de 2018 por Square Enix baixo o mando de Takeshi Aramaki para traballar en Final Fantasy XV, obra que pese a ter certos defectos na súa formulación e un desenvolvemento draconiano, impresionou a todo boa parte dos xogadores polo seu impoñente apartado gráfico, do mellor que se puido ver nesta xeración. Seica pode alguén esquecer eses pratos de comida de aspecto inmellorábel?