Actualidade Square Enix sube 61 bandas sonoras de Final Fantasy a Spotify

Square Enix sube 61 bandas sonoras de Final Fantasy a Spotify

Se algo logrou a saga Final Fantasy é que as súas melodías acabasen por peervivir na nosa memoria. Introducións, combates, momentos épicos, finais… Todos eses momentos contan coa súa propia harmonía, un espeso bosque de notas e cores que Square Enix decidiu, por fin, subir en case a súa totalidade a Spotify.

Desde hai unhas horas, están dispoñibles nada menos que 61 bandas sonoras relacionadas coa lendaria franquía de rol. As cancións de Final Fantasy X, IX, VIII; tamén outras máis recentes como Final Fantasy XIII ou XV, están ao alcance dun tecleo veloz na plataforma de streaming.

Square Enix tamén engadiu a BSO de Final Fantasy XIV e as súas expansións, así como as compostas por Takeharu Ishimoto en Crises Core, Final Fantasy Type-0 HD e Dissidia: Final Fantasy. Por suposto, entre tantas melodías poderían destacar as creadas por Nobuo Uematsu, lenda creeativa asociada á marca Final Fantasy, e responsable dalgunhas das súas mellores pasaxes sonoras.

As cancións manteñen os seus títulos en xaponés, polo que buscalas individualmente ten a súa complexidade. Con todo, aquí tes unha ligazón directa á procura dos discos.

 Nobuo Uematsu, xunto a Masashi Hamauzu e Junya Nakano, foi responsable de crear as melodías de FF X.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.