Stadia anuncia a incorporación de novos xogos e promete máis de cen este 2021

Se hai dúas semanas Phil Harrison anunciaba o peche dos dous estudios first-party de Stadia, hoxe o servizo de Google acaba de publicar unha lista con nove xogos que se incorporarán nas vindeiras semanas á plataforma.
Seguindo o sinalado polo anunciou, estes só serían «unha mostra» dos máis dun centenar de novos títulos que chegarán á tenda de Stadia ao longo deste ano natural.
A continuación podes ver as obras confirmadas e a súa data de incorporación ao catálogo:
- Shantae: Half-Genie Hero Ultimate Edition (23 de febreiro)
- Shantae: Risky’s Revenge – Director’s Cut (23 de febreiro)
- It came from space and ate our brains (2 de marzo)
- FIFA 21 (17 de marzo)
- Kaze and the Wild Masks (26 de marzo)
- Judgment (23 de abril)
- Killer Queen Black (TBA)
- Street Power Football (TBA)
- Hellpoint (TBA)