STALKER 2 amosa a súa primeira imaxe desde o seu anuncio en 2009

Dous anos despois do anuncio da secuela do afamado STALKER: Shadow of Chernobyl, puidemos ver a primeira imaxe de STALKER 2. Apenas se coñecen detalles do título de GSC Game World, alén da súa data de lanzamento, prevista para o 2021, e que o motor gráfico do xogo será o Unreal Engine 4.
«Estamos listos para desvelar un pouco o misterio no que estamos a traballar. Esta é a primeira ollada a STALKER 2», reza o tweet da compañía, que acompaña coa única imaxe desvelada até o de agora. No título orixinal publicado en 2007, debiamos sobrevivir nun ermo postnuclear onde o shooter en primeira persoa e as mecánicas de survival horror dábanse a man. Após o éxito desta primeira entrega, en 2009 o equipo comezou o desenvolvemento da súa continuación —interrompido e cancelado no 2012, para logo ser proposto de novo o ano pasado—.
Porén, o estudio tivo que pechar por motivos persoais do seu fundador, Sergiy Grygorovych. Malia estes problemas, GSC renovou a súa actividade en 2014 e catro anos máis tarde anunciou que continuaban traballando en STALKER 2. Finalmente, a desenvolvedora emprázanos a este mesmo ano para coñecer nova información sobre o título, xa que aseguran que a crise do coronavirus non vai afectar ao seu traballo.
Dear Stalkers,
Here is your first glimpse at S.T.A.L.K.E.R. 2: pic.twitter.com/HGOixm11M7
— S.T.A.L.K.E.R. OFFICIAL (@stalker_thegame) March 23, 2020