Star Wars Episode I: Racer adíase a última hora e queda sen data de saída
Converteuse no tipo de nova máis común estas semanas: o atraso nunha data de lanzamento. Nin os usuarios de Nintendo Switch nin os de PlayStation 4 van poder gozar do clásico xogo de carreiras de Star Wars nos seus sistemas. Os primeiros, en teoría, ían facelo esta mesma tarde.
Aspyr, a compañía responsábel da súa reestrea, tomou a decisión de pospoñer a aterraxe das ‘vainas’ a última hora. Por desgraza, nin sequera aproximou unha nova data; si se comprometeu a ofrecer máis información nos próximos días.
We are so excited to share Star Wars Episode l: Racer with you soon! Unfortunately, due to the ongoing work from home requirements across the industry, the game will be further delayed on Nintendo Switch and PlayStation 4. We’ll be back with an update as soon as possible.
— Aspyr (@AspyrMedia) May 11, 2020
O motivo para a imposibilidade do lanzamento non é outro que o da pandemia do coronavirus, impedindo a normalidade no traballo de todos os membros da cadea de produción implicados no proxecto. Sexa como for, cando Star Wars Episode I: Racer faga a súa aparición, será co mesmo contido que o título orixinal, incluíndo os seus 25 personaxes e unha boa cantidade de circuítos ambientados en oito mundos distintos. No seu día foi un símbolo de Nintendo 64.