Actualidade Star Wars Jedi: Fallen Order deixarase ver o próximo 13 de abril

Star Wars Jedi: Fallen Order deixarase ver o próximo 13 de abril

Sendo unha das citas máis importantes do mundo para os fans da saga galáctica, poucos lugares hai de maior relevancia para presentar material da franquía. Durante a Star Wars Celebration Chicago, o próximo 13 de abril, verase, por primeira vez, contido de Star Wars Jedi: Fallen Order.

O McCormick Place de Chicago (Illinois) abrirá as súas portas en pouco máis de mes e medio para acoller o evento anual por excelencia daqueles que cren na Forza. Evidentemente, daranse tamén detalles sobre a próxima película da saga, Star Wars Episodio IX. O actual proxecto de Respawn Entertainment do que aínda non se sabe practicamente nada máis aló do seu nome está. O xogo está envolto nun veo de misterio. Iso si, agárdase que no E3 vindeiro poida verse a súa xogabilidade. Segundo as informacións dos últimos meses,  Star Wars Jedi: Fallen Order chegaría en novembro e a súa historia transcorrería cinco anos despois dos eventos da Vinganza dos Sith, entre os episodios III e IV. O protagonista sería un padawan que sobreviviu á fatídica Orde 66.

En teoría, durante o próximo E3 o título de Respawn poderá ser probado.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.