Star Wars Jedi: Fallen Order detalla duración e dificultade

Star Wars Jedi: Fallen Order detalla duración e dificultade

Chegará o 15 de novembro para PC, PlayStation 4 e Xbox One e promete ser unha aventura inolvidábel para todo amante da franquía Star Wars. Respawn Entertainment e Electronic Arts están detrás dun título que estaba chamado a ser un dos protagonistas ao longo destes últimos días e así foi. No E3, o director do xogo, Stig Asmussen, e o director de Respawn, Vince Zampella, ofreceron novos detalles máis aló do amosado no adiando do EA Play.

Os dous executivos coinciden en que a demostración amosada puido semellar demasiado doada, pero que nuns meses os xogadores acharán un título «bastante difícil». É certo que esta dificultade non estará –nin quere– á altura de Dark Souls ou Sekiro. Doutra banda, en cuestións sobre a súa duración, tanto Asmussen como Zampella afirman que non será unha aventura curta, senón unha experiencia «substanciosa».

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados