Star Wars: Jedi Fallen Order estrea adianto e anuncia data de lanzamento

O novo videoxogo do universo de Star Wars ensinou, por fin, as súas primeiras imaxes. Jedi Fallen Order cumpriu coa profecía e deixouse ver na Star Wars Celebration 2019 celebrada en Chicago esta fin de semana. Detrás desta nova aventura figuran dous xigantes: Electronic Arts e Respawn Entertainment. Unha dupla ben coñecida que logrou hai apenas uns meses tocar o Olimpo do éxito grazas a Apex Legends. Aterrará en PC, PlayStation 4 e Xbox One o próximo 15 de novembro. Si, chegará este mesmo ano aproveitando o tirón do peche á nova triloxía do universo concibido por George Lucas.

O actor Cameron Monaghan, coñecido polo seu papel como Joker en Gotham ou Ian Gallagher en Shameless, pon cara ao protagonista desta aventura.
De que tratará Star Wars: Jedi Fallen Order? O título foi concibido como unha aventura para un só xogador na que tanto Respawn como EA xa avisan: non haberá multixogador, nin micropagos. Conta con Sting Amussen, director de God of War 3, aos mantos da nave, figurando tamén no equipo o director narrativo de Far Cry 3, Aaron Contreras, e o guionista de Star Wars: Knight of the Old Republic 2 e Fallout New Vegas. Chris Avellone.
Está a ser creado co motor gráfico Unreal engine 4 e a súa historia será canon dentro do universo galáctico, situándose entre o Episodio III e o Episodio IV. Na pel do padawan Cal Kestis deberemos comprobar como a Orde 66 acabou coa Orde Jedi e a supervivencia tras ela non será doada.