Actualidade

Star Wars Jedi: Fallen Order será incluído no EA Play a próxima semana
O último éxito single player de Electronic Arts, Star Wars Jedi: Fallen Order, sumarase ao catálogo de EA Play a vindeira semana. Trátase do servizo de subscrición de EA, dispoñíbel para PC e consolas, permitindo o acceso a un catálogo seleccionado pola mesma compañía.
A data para a estrea dentro deste servizo é o 10 de novembro. Non, non é casual. É o mesmo día no que Xbox Game Pass tamén pasará a incluír o EA Play sen custo adicional, o que tamén coincide co lanzamento da nova xeración de consolas para Microsoft.
Se quieres repasar a nosa análise de Fallen Order, aquí a tes, ben pretiño.