Star Wars Jedi: Survivor, a continuación de Fallen Order, amosa as súas primeiras imaxes

Star Wars Jedi: Survivor, a continuación de Fallen Order, amosa as súas primeiras imaxes

A continuación de Fallen Order, Star Wars Jedi: Survivor, amosou as súas primeiras imaxes. Van sen gameplay, pero é de supoñer que será algo máis que suficiente para os que gozaron coa proposta do primeiro título de Respawn dentro do universo Star Wars, unha aventura de acción en terceira persoa con elementos dos Soulsborne e os roguelike.

Data? Pois hai fiestra de lanzamento. Na teoría, chegará o ano 2023, polo que igual en menos dun ano seguimos a historia de Cal, un jedi que sobreviviu a mítica Orde 66 e agora sobrevive nesa galaxia tan afastada e de hai tanto tempo. «O xogo vai sobre a supervivencia», di o director do título, Stif Asmussen. «Por iso se chama Jedi: Survivor. É unha época escura, e Cal e o equipo fan o que é preciso para manterse con vida. Iso pasa por conectar con xente que, noutro intre, podería ser considerado de mal gusto. Algunhas desas cousas aparecen no tráiler, e, de novo, non quero botar a lingua a pacer, pero sen dúbida hai unha sensación de… non quero facer spoilers, síntoo!».

Por suposto, sairá para as novas consolas, e non hai nada que diga que non sairá para PS4 e Xbox One, se ben custa xa crelo a estas alturas.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados