Star Wars Jedi: Survivor atrasa a súa saída un mes
Acostumados a todo tipo de atrasos —polo seu número e pola súa tipoloxía ao longo dos últimos tres anos—, pode que os de última hora sexan os máis doentes. Electronic Arts anunciou que Star Wars Jedi: Survivor non sairá até o vindeiro 28 de abril. Tiña previsto saír o 17 de marzo.
É evidente que non é moito máis tempo, unha prórroga de apenas mes e medio, mais semella que quedan algunhas aristas por puír neste título creado por Respawn Entertainment.
Star Wars Jedi: Survivor Now Arrives April 28th pic.twitter.com/PNtsL6kmER
— EA Star Wars (@EAStarWars) January 31, 2023
Star Wars Jedi: Survivor é a sequela directa de Star Wars Jedi: Fallen Order, e seguirá narrando a historia do mesmo protagonista, Cal Kestis. A historia ambientarase cinco anos despois dos sucesos narrados no primeiro xogo, que, por certo, forma parte dos eventos considerados canon dentro da franquía Star Wars.
Chegará para PlayStation 5, Xbox Series X, Xbox Series S e PC. Non, non haberá versións para a anterior xeración de máquinas.