Actualidade Star Wars: Squadrons non incluirá micropagos nin será un xogo como servizo

Star Wars: Squadrons non incluirá micropagos nin será un xogo como servizo

Após ser un dos títulos que maior expectación xerou durante o EA Play da semana pasada, Star Wars: Squadrons continúa revelando novos detalles. Grazas a unha entrevista realizada en Game Informer a Ian Frazier, director creativo de Motive Studios, puidemos saber que o xogo non terá micropagos nin será un xogo como servizo.

«É un xogo que é completo e xenial por mérito de seu. Isto non significa que non vaiamos engadir nunca nada, pero non se presenta como un servizo vivo», revelou Frazier. Tal e como recoñece o membro do equipo, haberá máis de cincuenta compoñente estéticos cos que personalizar a nosa nave aínda que tan só poderán ser obtidos xogando, sen custo algún.

Co obxectivo posto no 2 de outubro, Star Wars: Squadrons chegará a PS4, Xbox One e PC a un prezo reducido de 40 euros e poderemos xogar entre todas as plataformas grazas ao sistema de cross-play.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.