Actualidade Star Wars: Squadrons promete combates espaciais nunha galaxia moi afastada

Star Wars: Squadrons promete combates espaciais nunha galaxia moi afastada

O famoso Project Maverick que tiña nas mans Electronic Arts finalmente foi revelado. Star Wars: Squadrons é a nova aventura de combate espacial na que volveremos estar aos mandos das naves máis famosas de toda a galaxia. O equipo responsábel do desenvolvemento é EA Motive, un dos estudios de máis recente creación por parte da compañía estadounidense e que até o de agora só estaba relacionado con labores de apoio.

Malia que se trata dun título pequeno dentro da franquía creada por George Lucas, contará cun modo para un xogador e multixogador situado despois dos acontecementos de Episodio VI, no que poderemos pilotar naves tan lendarias como os TIE-Fighter ou os X-Wing, segundo o bando que escollamos durante a guerra intergaláctica. Star Wars: Squadrons chegará a Xbox One, PC e PS4 o próximo 2 de outubro. As versións de PC e PS4 contarán con soporte para VR e todas as plataformas terán habilitado o sistema de cross-play.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.