Stardew Valley pon data á súa nova e enorme actualización
Nada ten que demostrar a estas alturas da película Concerned Ape con Stardew Valley, pero a compañía quere seguir expandindo o seu exitoso título. A actualización 1.4 entrou na súa fase final de desenvolvemento e poderemos descargala en PC a partir do vindeiro 26 de novembro. Poucas semanas despois, habilitarase en consola.
Segundo o expresado polo estudio, a nova actualización potenciará case todas as facetas do xogo e cubrirá «os seus puntos débiles», citando aos seus creadores. Un exemplo? Todos os personaxes cos que nos podemos casar terán un novo evento único cando a nosa relación alcance os 14 corazóns. Hai cousas que hai que celebrar. En teoría, parte do novo contido irá destinado ao endgame.
Ademais, tamén se habilitará unha nova ferramenta para obter unha captura de pantalla ou imaxe aérea de todo o noso pobo. Presumir nunca está de máis. Hai tempo, Concerned Ape tamén explicou que buscarían ampliar a comodidade dos controis, así que é posible algún cambio neste eido.