Stardew Valley recibirá o modo cooperativo en pantalla partida na vindeira actualización
O simulador de xestión de granxas Stardew Valley está de celebración. Após vender máis de dez millóns copias e converterse nun auténtico éxito, o seu creador Eric Barone continuou traballando no desenvolvemento do título. Unha das novidades máis interesantesfoi anunciada polo mesmo Barone, xa que coa versión 1.5 incluirase un modo cooperativo de pantalla partida.
Esta actualización chegará tanto a consolas como PC, malia que a cantidade de xogadores simultáneos pode variar, xa que en PC poderase chegar até os catro xogadores, namentres outras plataformas esta opción estará limitada a dous.
In Stardew Valley 1.5, there will be splitscreen co-op! pic.twitter.com/n7XhPWSuSi
— ConcernedApe (@ConcernedApe) October 16, 2020