Stardew Valley vivirá un Nadal de luxo coa actualización 1.5
Stardew Valley acaba de recibir o parche 1.5. Unha actualización máis que agardada, definida como unha das máis grandes —e pode que que sobre o de unha— expansións do título independente. Polo momento, só estará dispoñíble en PC. Engade unha chea de opcións, novo contido e cooperativo local.
A través das súas redes sociais, Eric Barone, creador do xogo, comentou algunhas das novidades que podemos atopar na actualización e que inclúe, entre outras cousas, un novo tipo de granxa (na praia) e un menú adicional que nos permitirá personalizar aínda máis a experiencia de xogo.
If you're a seasoned player thinking of starting a new farm when 1.5 comes out, I'd like to highlight a couple of new features. There will be a new farm type, "Beach Farm", and a new "Advanced Game Options" menu, from which you can adjust some aspects of the game: pic.twitter.com/iMnw2uGLEO
— ConcernedApe (@ConcernedApe) December 20, 2020
Amais de engadir a pantalla partida para o modo multixogador local, Barone incluíu unha boa cantidade de contido para o late-game en forma de novos personaxes, obxectivos e misións. A modo de resume, aquí tes unha breve listaxe con todos os engadidos do parche:
- Novos retos e desafíos
- Novos obxectos
- Novo tipo de misións
- Novo tipo de granxa
- Novos personaxes
- Novos personaxes de evento
- Un novo Community Upgrade
- Os patos poden nadar
- Podes sentar nas cadeiras
- Renovacións do fogar unha vez alcancemos a súa máxima ampliación
- Podes mover de sitio a túa cama
- Hai acuarios
- Moitos novos obxectos, incluídos mobles
- Novos segredos
- 9 novas pistas de música