Actualidade State of Play de PlayStation: a nova xanela ao mundo de Sony

State of Play de PlayStation: a nova xanela ao mundo de Sony

Internet e a súa facilidade para a comunicación provocou que as empresas cambien as maneiras de manter ao público informado. Interacción directa, pura, sen intermediarios case.

Este luns, 25 de marzo, terá lugar o primeiro episodio de State of Play. Trátase dunha retransmisión na que Sony dará a coñecer ao mundo algunhas novidades ao redor da marca PlayStation (é dicir, PS4 e PS VR).

Anuncio oficial.

Poderase seguir en directo a partir das 22 horas en horario peninsular e mostraranse novos adiantos dos futuros videoxogos de ambas as plataformas. Non se descarta, mesmo, o anuncio dalgunha obra inédita ata a data.

Sony sóbese ao carro dos Nintendo Direct ou os Inside Xbox. Non é algo casual. A súa ausencia no E3 2019 deberá compensarse con outras vías de comunicación efectivas, e parece que State of Play será, a partires de agora, unha das maneiras que terá a empresa xaponesa para abrirse ao mundo e aos seus xogadores. Polo momento, está confirmada a presentación dun novo software, aínda que queda saber que será exactamente.

A retransmisión poderá verse nas diversas canles de PlayStation: TwitchYouTubeTwitter ou Facebook.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.