Actualidade State of Play :: Sony presume de marca xaponesa

State of Play :: Sony presume de marca xaponesa

Sony emitiu onte un novo State of Play centrado case en exclusiva en títulos desenvolvidos no Xapón. Como hai cousas que é máis doado ver que explicar, tendes a continuación os vídeos e os títulos dos anuncios máis relevantes dun evento que o público masivo calificou de ser algo ‘pequeno’, sen anuncios excesivamente relevantes. Nós cremos que hai que premer un pouco o freo do hype e gozar co que vai chegando.

Exoprimal, por exemplo, resultou ser unha das sorpresas da noite. Non, non é Dino Crisis, mais si hai dinosauroos. Un título multixogador de 5vs5 ambientado no futuro. Chegará o ano que vén.

Tamén puidemos ver algo máis de Ghostwire: Tokyo, o novo título de Tango Gameworks e Bethesda. Chega a finais de mes.ç

Sony tamén quixo presumir dunha franquía que non falla. Stranger of Paradise: Final Fantasy Origin terá demo na PlayStation Store. A versión final do xogo sairá o 18 de marzo.

Por suposto  apareceu Forspoken, o título de Luminous Productions que hai uns días anunciaba un atraso na súa saída do forno, que queda fixada para o 11 de outubro. A verdade que semella ser un xogo moi belo e interesante. Máis gameplay, máis hype sobre el.

Unha sorpresiña de nome Gundam Evolution, un título multixogador que vivirá a súa proba de rede na primavera. Primeira persoa, moitos disparos e robots.

A cousa vai de clásicos se falamos das Tartarugas Ninja. Teenage Mutant Ninja Turtles: The Cowabunga Collection. Tres títulos clásicos aparecen nesta compilación , con novos modos , melloras en diversos aspectos e unha sección ben chula de artowrks e bosquexos.

E non sei se fuches ti, pero alguén pediu un título de loita de kaijus. Chegará no 2022 co nome de Gigabash.

Xa nunha división algo máis elevada, polo menos no que supón a interese e atención do público, apareceu da man de Bandai Namco Jojo’s Bizarre Adventure: All Star Battle R, unha revisión do xogo de loita de Cyberconnect2, publicado no seu día para PS3. Chegará no outono, con 50 personaxes, melloras gráficas e máis cousas.

Tamén apareceu Trek to Yomi, xogo de acción que colle referencias das antigas películas de samurais e a estética do cinema de Akira Kurosawa. Promete, non imos negalo.

E unha sorpresa bastante grande. Returnal recibirá unha expansión de balde chamada Ascension. Chegará o 22 de marzo e engadirá un modo cooperativo e a nove Torre de Sísifo. Instalando de novo.

E xa para rematar, dúas pequenas bombas en forma de novos proxectos. O primeiro, The DioField Chronicle, un RPG de Lancarse Inc. que chegará antes de que remate o ano. Doutra banda, faise realidade o regreso dunha franquía clásica, Valkyrye Profile con Valkyrie Elysium, que tamén sairá este ano achegándose ao hack ‘n slash.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.