Actualidade State of Play :: The Last of Us Parte II amosa a súa visceralidade nun novo gameplay

State of Play :: The Last of Us Parte II amosa a súa visceralidade nun novo gameplay

Menos dun mes resta para que un dos últimos exclusivos de Sony esta xeración vexa a luz o vindeiro 19 de xuño. The Last of Us Parte II foi amosado durante o State of Play realizado pola compañía xaponesa onte, ao longo de vinte minutos de gameplay. Este directo enlaza co que protagonizou Ghost of Tsushima hai dúas semanas, enmarcándose como un espazo no que ensinar as virtudes dun título concreto, todo acompañado da voz dun membro do equipo de desenvolvemento.

Nesta ocasión foi Neil Druckmann, director do xogo, o encargado de narrar todo o que sucedía en pantalla. Poucas sorpresas e diversas virtudes foron as amosadas nun directo no que Druckmann proporcionou o contexto no que deberá loitar Ellie nesta segunda entrega. Todo aquel que gozase coas mecánicas da primeira parte de Naugthty Dog ten asegurada a diversión. Ellie reúne todas as mecánicas de Joel e amplíaas, xunto cun sistema de combate baseado no sixilo no que poderemos crear as nosas propias dinámicas para lograr avanzar nos escenarios.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.